InicioEconomíaCaballero ofrece ao novo director de Stellantis "todo o apoio" e facilitarlle...

Caballero ofrece ao novo director de Stellantis “todo o apoio” e facilitarlle o diálogo co Goberno de España

O alcalde mantivo este luns unha reunión co novo director da planta, José Luís Mosquera

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este luns unha reunión co novo director da planta de Stellantis na cidade, José Luís Mosquera, a quen trasladou a súa oferta de apoio e colaboración, e ofreceuse a facilitarlle o diálogo co Goberno de España.

En declaracións remitidas aos medios tras o encontro –no que tamén participou o director saínte da planta, Ignacio Bo–, o rexedor olívico sinalou que a substitución na dirección da fábrica viguesa prodúcese cunha parte dos fondos do PERTE xa asignados a Stellantis Vigo e co visto bo do Goberno á conexión á rede de moi alta tensión, cun investimento anunciado de 72 millóns de euros.

“Expúxenlle todo o apoio que necesiten. Stellantis é fundamental para Vigo, para Galicia e para España”, proclamou o alcalde, que subliñou que a factoría viguesa é “moi competitiva” e contará coa cooperación non só do Concello senón tamén da Zona Franca de Vigo.

Así mesmo, tamén ofreceu a Mosquera “toda a cooperación para o diálogo co Goberno”. “Do mesmo xeito que fixen con Ignacio Bo, fareino co novo director, para todo o que sexa relación co ministro de Industria, con calquera ministro ou co propio presidente do Goberno”, afirmou, antes de insistir en que Stellantis Vigo terá todo o seu “esforzo e cooperación”.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...