InicioPolíticaA secretaría de Medio Ambiente visita Vigo para atallar o problema de...

A secretaría de Medio Ambiente visita Vigo para atallar o problema de subministro de auga

PUBLICADO O

- Advertisement -

Abel Caballero mantivo este venres unha reunión en Vigo con responsables da Secretaría de Estado de Medio Ambiente para abordar o problema do subministro de auga na cidade. Leva Vigo un outono especialmente seco, cunha pluviosidade máis de 3 veces menor da media.

“Espero moito da reunión de mañá e sei que vai ir moi ben, porque na Xunta non teño ningunha esperanza e o Goberno de España está coa man tendida”, comparaba Caballero este xoves antes dunha visita que agradeceu ao goberno de Sánchez.

“Nada garantiza que chova. De tódolos xeitos, xa choveu, e a presa segue baixando, cada día perdemos varios de consumo”, recoñeceu esta mesma mañá de venres en rolda de prensa. “O problema de Vigo non é de potabilización, é de abastecemento. Damos auga a Moaña e Cangas, unha decisión que se tomou no seu momento e respecto, pero neste momento estamos sobrecargados”, puntualizou.

“Temos unha presa moi pequena para tanto consumo, consumimos 32 hectómetros cúbicos cada día. Pero a conca do Oitavén ten 300, así que sobra auga en realidade. A cunca ten 10 veces o que consume a área de Vigo”, comparou.

“Noutros sitios falta auga porque non hai. Aquí é outro o caso. Se xa sumamos o Verdugo, vámonos a 700 hectómetros cúbicos. O noso problema está en como gardamos a auga. Incluso en sequía extrema teríamos auga nesta área”, matiza.

A cuestión é ter unha empresa que garanta que se non chove en seis meses a auga chegue aos fogares con normalidade, alega o rexedor.

Agora as diferentes administracións valoran o custe e eficiencia de alternativas moi distintas, como poden ser construír unha nova presa ou realizar o trasvase.

“É un axunto complexo”, recoñeceu o rexedor, que se mostrou contento desta reunión “que levaba 6 anos esperando”.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...