InicioSucesosFalece un motorista tras sufrir unha saída de vía na AP-9

Falece un motorista tras sufrir unha saída de vía na AP-9

Unha das persoas que chamou ao 112 detallou que había un animal morto na vía, o cal podería ter implicación no sinistro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un motorista perdeu a vida tras sufrir unha saída de vía na AP-9 ao seu paso por Vigo e en dirección Pontevedra. Segundo informou o 112, o suceso produciuse ás 8.00 horas deste domingo e foron varios particulares os que deron a voz de alarma indicando que había un motorista tirado na calzada e necesitaba atención médica urxente.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Santiarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvar a vida do motorista, e axentes da Garda Civil. Ademais, unha das persoas que chamou ao 112 detallou que había un animal morto na vía, o cal podería ter implicación no sinistro.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...