InicioDeportesManifestación en Vigo pola oficialidade das seleccións deportivas galegas

Manifestación en Vigo pola oficialidade das seleccións deportivas galegas

Vía Galega denuncia a falta de apoio institucional e esixe orzamento para os equipos galegos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unhas 200 persoas manifestáronse este venres en Vigo para reclamar a oficialidade das seleccións deportivas galegas e, en concreto, da selección galega de fútbol, tanto masculino como feminino, nunha marcha reivindicativa impulsada por Vía Galega e por penas deportivas de toda Galicia. A marcha, na que participaron a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a candidata ás europeas, Ana Miranda, e o portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, saíu desde a Praza América sobre as 18:30 horas, en dirección ao estadio de Balaídos, onde o combinado galego disputa ás 20:00 horas un partido contra a selección de Panamá.

Tras unha gran bandeira ‘estrelada’ e unha pancarta coa lema ‘Unha nación, unha selección‘, a marcha discorreu pola rúa Fragoso no medio de cánticos reivindicativos, música, bengalas e berros de solidariedade con Palestina, entre outras consignas. O portavoz de Vía Galega, Anxo Louzao, sinalou que a oficialidade das seleccións deportivas galegas é unha reivindicación “de hai anos” e proclamou que accións como a deste venres en Vigo pretenden pór en valor o “dereito de Galicia como nación a poder competir”. “Se hai seleccións doutras nacións que non teñen Estado, que menos que Galicia teña unha selección, neste caso de fútbol”, afirmou. Louzao lamentou que houbese que esperar 8 anos desde o último partido de ‘A Irmandiña’, e criticou a pouca proxección e difusión que se fai dos escasos eventos da selección galega por parte das institucións. “A nosa selección une a todos os galegos, crea cohesión e traslada un sentimento”, reivindicou.

Segundo incidiu, mentres non se logra o “obxectivo estratéxico” da oficialidade das seleccións, ha de esixirse á Xunta, da que censura o seu “deixamento”, e á Federación Galega de Fútbol que fixen un calendario estable das citas da selección. A xuízo de Vía Galega, as seleccións deportivas de Galicia debería contar con “orzamento específico” por parte do goberno galego e que non ocorra, como pasa con ‘A Irmandiña’, que teñan que “ir mendigando para ter partidos”. “Galicia é unha potencia. Podemos conformar unha selección que pode competir a calquera nivel”, sentenciou.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...