InicioSociedadeEntradas para o Galicia-Panamá se doas sangue

Entradas para o Galicia-Panamá se doas sangue

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Real Federación Galega de Fútbol volverán desenvolver unha iniciativa conxunta ao longo da presente xornada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a Real Federación Galega de Fútbol volverán desenvolver unha iniciativa conxunta ao longo da presente xornada. A mesma consistirá no desprazamento dunha unidade móbil de doazón de sangue ata as proximidades das oficinas da Federación en Vigo, na rúa Manuel de Castro.

Para fomentar a participación, ADOS agasallará a todas as persoas que doen cunha camiseta e, pola súa banda, a Real Federación Galega de Fútbol obsequiará a todos os doantes cunha entrada para presenciar o encontro que a selección galega absoluta masculina disputará o venres 31 de maio, no estadio de Balaídos, fronte á selección de Panamá. O horario de atención aos doantes na unidade móbil da Axencia será das 15.30 ás 21.00 horas de hoxe, segundo explican nun comunicado.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...