InicioPolíticaA Xunta critica ao Concello de Vigo por non poñer buses lanzadeira...

A Xunta critica ao Concello de Vigo por non poñer buses lanzadeira a Lavacolla

Destaca a súa "resposta rápida" cun bus entre Vigo e Lavacolla e lamenta "falta de colaboración" de Aena.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou este mércores a “resposta rápida” que facilitou o goberno galego para dar solución aos viaxeiros que non puideron utilizar este mes de maio o aeroporto de Peinador (pechado durante 25 días, ata este fin de semana, por obras na pista de aterraxe), coa posta en marcha dun servizo de bus entre Vigo e o aeroporto de Santiago, a pesar de que a competencia do transporte aéreo non é autonómica.

Así o trasladou, en resposta a unha pregunta do PP, no Pleno do Parlamento de Galicia, no que lembrou que a Xunta puxo en marcha este servizo o pasado 8 de maio, primeiro con 3 frecuencias diarias e logo con 5 frecuencias, e un total de 500 prazas diarias.

Respecto diso, lamentou que a Xunta non obtivo colaboración de Aena nin de ningunha outra administración, e lembrou que mesmo o goberno municipal de Vigo prometera lanzadeiras de bus pero, finalmente, non as puxo en marcha. “Botamos en falta colaboración para un problema que non creamos nós”, afirmou. Por outra banda, confirmou que o goberno galego non foi notificado sobre o inicio das obras, e tampouco ten noticias de Aena acerca da reapertura da terminal viguesa, prevista para este venres.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...