InicioPolíticaO BNG propón "revolucionar" o transporte urbano con mellores frecuencias, horarios e...

O BNG propón “revolucionar” o transporte urbano con mellores frecuencias, horarios e billetes máis baratos

Pide aproveitar a finalización da concesión de Vitrasa no 2025.

PUBLICADO O

- Advertisement -

BNG de Vigo presentou este luns unha campaña “social” que despregará na cidade ao longo dos próximos meses para dar a coñecer o seu modelo “alternativo” de mobilidade e transporte urbano, que pasa por mellorar os horarios e conexións, ampliar frecuencias e servizo (como o nocturno) ou abaratar o prezo do billete de bus.

Nunha rolda de prensa, o portavoz do grupo municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, sinalou que esta campaña, titulada ‘Máis buses, menos multas’, chegará en vésperas dun ano, o 2025, que será “determinante para o futuro da mobilidade en Vigo”, xa que finaliza a concesión de Vitrasa no servizo de bus urbano e ábrese “un escenario de oportunidade para que Vigo conte por fin cun servizo á altura da maior cidade de Galicia”.

Así, o BNG expón un decálogo de medidas para “revolucionar” e potenciar o transporte colectivo, que perdeu 250 frecuencias desde 2019, dando “alternativas reais” ao uso do vehículo particular e fronte ao modelo do goberno municipal, de crear catro Zonas de Baixas Emisións e multar a quenes incumpran os requisitos nesas áreas.

Entre as medidas propostas, destacan o aumento de frecuencias e mellorar os horarios; redeseñar o mapa de liñas para dar mellor servizo a todos os barrios e parroquias; crear unha ‘liña cero’ que conecte Teis e Navia mediante un corredor rápido e múltiples frecuencias; mellorar as conexións a hospitais, campus universitario, centros de FP, e estacións de transporte; reforzar o servizo nocturno; abaratar o billete; ou promover a integración nun novo modelo de transporte metropolitano.

Así mesmo, o BNG propón reducir o prezo do billete de bus, e que sexa gratuíto para menores de 14 de anos e parados; favorecer dous transbordos gratuítos nunha hora; e constituír unha empresa pública para impulsar a remunicipalización do servizo. Segundo explicou a responsable local do BNG e deputada autonómica, Carmela González, a campaña desenvolverase en varios ámbitos. Así, farase unha difusión a través da web da formación nacionalista e de redes sociais, e tamén mediante cartelaría, folletos e un boletín informativo.

Ademais, o BNG celebrará reunións con asociacións veciñais, sindicatos, organizacións ecoloxistas, ou asociacións de ciclistas. Igualmente, convocaranse encontros abertos cos veciños e, todo iso, coa finalidade de explicar as súas propostas e escoitar tamén achegas e suxestións.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...