InicioSociedadeLuis Fonsi actuará en Castrelos o 23 de xullo

Luis Fonsi actuará en Castrelos o 23 de xullo

O seu éxito 'Despacito' obtivo alcance mundial, sendo a canción máis reproducida na historia de Youtube.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cantante portorriqueño Luis Fonsi súmase ao cartel de concertos do verán no Auditorio de Castrelos de Vigo, segundo confirmou o alcalde da cidade, Abel Caballero, que sinalou que a actuación terá lugar o 23 de xullo. O rexedor lembrou que Luís Fonsi é un artista global, “unha das principais figuras da música latina”, con 25 anos dunha estrada exitosa e recoñecementos como varios premios Latin Grammy e varios Billboard.

Ademais, ao longo da súa carreira colaborou con artistas como David Bisbal, Daddy Yankee, Juan Luis Guerra, Demi Lovato ou Nicky Jam, e o seu éxito ‘Despacito‘ obtivo alcance mundial, sendo a canción máis reproducida na historia de Youtube. Á marxe da música, tamén traballou en cinema e televisión, onde participou en series ou en programas como ‘La Voz‘, facendo as funcións de ‘coach‘.

Co de Luís Fonsi, son xa seis os concertos anunciados polo Concello para a programación de verán en Castrelos. Ao do portorriqueño súmanse as actuacións de Dani Fernández (13 de xullo), Sen Senra (25 de xullo), UB40 (7 de agosto), Víctor Manuel (14 de agosto) e Melendi (17 de agosto).

ÚLTIMAS

O Porriño fai pleno no Sorteo de ‘El Niño’: vendeu o primeiro e o segundo premio

O número 45875 foi o agraciado co segundo premio, dotado con 750.000 euros por...

Un home deixa á súa parella na UCI tras apuñalala no Porriño e entra en prisión

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño do Porriño, de 50 anos de...

O BNG vigués alerta sobre o empobrecemento na cidade e denuncia a retirada de axudas sociais do Concello

O grupo municipal do BNG en Vigo censurou este luns o recorte nas axudas...

Protesta masiva en Vigo contra a ofensiva de EE.UU. en Venezuela

Centos de persoas manifestáronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para...