InicioSociedadeAcepta tres anos de cárcere por violar a unha coñecida tras atoparse...

Acepta tres anos de cárcere por violar a unha coñecida tras atoparse nunha discoteca de Vigo

A Fiscalía acusaba ó procesado dun delito de violación e pedía que fose condenado á pena de oito anos de cárcere.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home acusado de violar a unha coñecida tras atoparse nunha discoteca de Vigo aceptou tres anos de cárcere nunha vista de conformidade levada a cabo este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica. O home, que se atopa en prisión provisional desde agosto de 2022, enfrontaría entre 8 e 10 anos de cárcere, segundo a petición de Fiscalía e da defensa da vítima, respectivamente. O acusado aceptou tamén unha orde de afastamento de 13 anos sobre a muller, así como o pago dunha responsabilidade civil de 6.200 euros, que xa foi abonada.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron na madrugada do 20 de agosto de 2022, cando o acusado se atopou, nunha discoteca de Vigo, coa vítima, á que coñecía desde facía algúns anos e con quen chegara a intimar. Á saída do local convidou á muller a ir á súa casa a “fumar e escoitar música”. A muller accedeu e, unha vez no domicilio del, tombáronse nunha cama de matrimonio. Nun momento dado, a muller decatouse de que o home sacou o pene do pantalón e estáballe rozando a perna, polo que lle chamou a atención e apartouse, tratando de incorporarse.

Nese momento, o acusado abalanzouse sobre ela e suxeitouna para inmobilizala, mentres lle levantaba o vestido e arrincáballe as bragas. A pesar de que ela gritaba e sollozaba, o home tratou de penetrala, aínda que non o logrou. Entón, para que deixase de gritar, empezoulle a golpear a boca e suxeitouna do pescozo, á vez que lle introduciu varios dedos na vagina. O home só desistiu cando se deu conta de que a muller estaba a sangrar pola boca. Nese momento soltouna e ela, tras ir correndo ao baño, abandonou a vivenda gritando e pedindo auxilio.

Por estes feitos, a Fiscalía acusaba ao procesado dun delito de violación (unha agresión sexual agravada) e pedía que fose condenado á pena de oito anos de cárcere, e que se lle prohiba comunicarse ou achegarse a menos de 200 metros da vítima por un período de nove anos. A pesar de todo, finalmente chegouse a unha conformidade de tres anos de prisión, dos cales xa case pasaron dous.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...