InicioSociedadeSindicato de Inquilinas Vigo urxe vivenda pública e regular prezos ante a...

Sindicato de Inquilinas Vigo urxe vivenda pública e regular prezos ante a “alarmante realidade” dos desafiuzamentos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sindicato de Inquilina Vigo-Baixo Miño urxiu este venres a regulación dos prezos de aluguer e a posta a disposición de vivenda pública para garantir este dereito, ante a “alarmante realidade” dos desafiuzamentos, despois de que un veciño da cidade olívica resultase ferido grave este xoves tras precipitarse desde un cuarto piso cando recibiu a notificación do seu desaloxo.

Este colectivo sinalou que o ocorrido nas últimas horas pon de manifesto “a crúa realidade” á que se enfrontan moitos inquilinos e chamou a “non ignorar o sufrimento” de quen ven ameazado o seu fogar. Segundo advertiu, este suceso é “só a punta do iceberg dunha crise de vivenda que afecta a miles de persoas” en Vigo e en todo o país.

Por iso, e tras lembrar que detrás de cada cifra hai persoas e historias de vida, subliñou que “é urxente actuar” e urxiu medidas para regular o prezo do aluguer e para pór en marcha parques de vivendas públicas a prezo alcanzable.

“Enfrontámonos a unha realidade alarmante: un desafiuzamento diario e cada día catro caseiros demandan para botar aos seus inquilios por non pagar o aluguer“, advertiu o Sindicato, que esixiu “pór fin ao rentismo desenfreado, á especulación inmobiliaria “que converte os fogares en simples activos financeiros”.

ÚLTIMAS

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...

A Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso: o Goberno acepta os terreos cedidos polo Concello

A futura Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso administrativo cara á...

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...