InicioMedio Ambiente e PatrimonioCritican a "inacción" do goberno de Mos co carrusel de ponis: "é...

Critican a “inacción” do goberno de Mos co carrusel de ponis: “é unha pésima imaxe para a infancia”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os animalistas da Fundación Franz Weber e a Asociación Libera! critican ao goberno local de Mos que “avale espectáculos innecesarios con seres vivos”. Aseguran que os animais “tiveron que sufrir temperaturas de 29º sen deixar de dar voltas con algún neno sobre o lombo”.

Polo tanto, lamentan que o Concello “aprobe mocións contra os malos tratos animais para ignoralas despois”. A pesar das queixas formuladas por colectivos como a Asociación Animalista Libera, a organización das festas de San Cosme volveu, un domingo máis, a permitir a instalación dun carrusel con ponis na parroquia, “confirmando que o benestar animal non está entre os pensamentos dos seus promotores”, denuncian.

Os animalistas criticaron a “inacción” do goberno local “que coñecendo a existencia de queixas veciñais e de visitantes da comarca, seguiu avalando a actividade con animais vivos nesta festividade que se estende durante todas as fins de semana de outubro, ignorando o seu propio acordo aprobado no pleno da corporación”, aseguran.

LIBERA! reprocha o incumprimento desta moción, aprobada por unanimidade en marzo de 2016, mentres que os animais tiveron que permanecer este mesmo domingo a 29º, “cargando con nenos e sen apenas descanso, evidenciando unha explotación cuestionable desde calquera punto de vista”, critican.

Tamén denuncian “a pésima imaxe que se traslada á infancia, a de animais en posicións antinaturais e reducidos a meras atraccións, mentres que un empresario se lucra co sufrimento dos mesmos”.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...

Auxilian en Vigo a un home de 50 anos que entrou en parada cardiorespiratoria en plena rúa, resultando falecido

Os profesionais de emerxencias auxiliaron na tarde deste xoves en Vigo a un home duns...

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...