InicioEconomíaVigo, a cidade con menor suba de afiliados á Seguridade Social en...

Vigo, a cidade con menor suba de afiliados á Seguridade Social en marzo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os afiliados á Seguridade Social subiron en marzo nas sete cidades galegas, con Ferrol á cabeza ao aumentar un 3,1% interanual, e Vigo case á cola, cun total de 19.043 cotizantes.

Así figura na estatística que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE) de afiliados en función do municipio de residencia. Os seguintes maiores aumentos interanuais rexístranos: Santiago (2,9%), cun total de 40.491 afiliados; A Coruña (2,8%), con 93.669; Lugo (2,8%), con 38.336; Ourense (2,5%), con 37.131; Pontevedra (2,1%), con 30.167, e Vigo (1,9%), con 110.787.

Todas soben tamén na comparativa entre marzo e febreiro, neste caso coa capital de Galicia co maior repunte ao crecer as afiliacións un 1,5% en Compostela, seguida de Ferrol (1,2%). En marzo de 2024, as afiliacións á Seguridade Social rexistradas en Galicia eran 1.063.271, un 1% máis que o mes anterior e un 2,1% máis respecto de marzo de 2023.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...