InicioSucesosQueiman un coche de forma intencionada en Redondela

Queiman un coche de forma intencionada en Redondela

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional acudiron na madrugada deste pasado luns ao barrio de Chapela, onde se detectou un coche ardendo.

En concreto, foi o 112 Galicia o que avisou aos axentes, ao atoparse un vehículo en chamas no camiño de O Gaio. Tamén se desprazaron á zona os bombeiros do Baixo Miño do Porriño, que sufocaron o lume.

Con todo, a poucos metros do lugar as forzas e corpos de seguridade localizaron as chaves do coche, así como material utilizado para prender lume, polo que agora investíganse os feitos, segundo recolle a Policía Local nas súas redes sociais.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...