InicioSucesosDetidos en Vigo dous membros dunha organización dedicada a estafar mediante transferencias...

Detidos en Vigo dous membros dunha organización dedicada a estafar mediante transferencias bancarias simuladas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Comisaría de Vigo detiveron a dúas persoas na cidade, membros dunha organización criminal, como autores de varias supostas estafas en localidades españolas, por valor duns 40.000 euros.

A investigación iniciouse o pasado 2 de abril, cando o xerente dunha empresa presentou denuncia en Comisaría, ante as sospeitas de que lle estafaron na compra de material eléctrico. Esta persoa explicou que recibira un encargo por valor de 13.000 euros e que tiña coñecemento de que, noutras sedes localizadas noutros puntos de España, cometéronse varias estafas similares.

As pescudas policiais permitiron comprobar que os sospeitosos actuaban encargando por teléfono importantes cantidades de material eléctrico, normalmente cable de cobre. Os supostos clientes presentábanse rapidamente no establecemento para recoller o pedido, presentando un xustificante de pago mediante transferencia bancaria, que resultaba ser falsa, e o pedido nunca se abonaba.

Ao ter coñecemento de que os presuntos estafadores fixeran un importante pedido nun establecemento de Vigo, presentáronse no local e procederon á detención dos sospeitosos, cando se personaron a recoller o material e dispúñanse a cometer unha nova estafa.

Coa colaboración da Policía Nacional da Rioxa, púidose identificar aos integrantes da organización criminal, especializada neste tipo de estafa, en distintos puntos da xeografía española. Os detidos en Vigo foron postos a disposición do xulgado de instrución 2 da cidade.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...