InicioMedio Ambiente e PatrimonioO TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter...

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

PUBLICADO O

- Advertisement -

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, que á súa vez desestimaba o recurso interposto pola Comunidade de Montes en Man Común de Santa Mariña de Cabral contra unha resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en 2022, que obrigou a devolver ao seu estado orixinal un terreo de 5.400 metros cadrados no que se realizaron obras de acondicionamento para alugalo como aparcadoiro nas inmediacións do aeroporto de Peinador.

A sentenza, que naceu dunha denuncia interposta pola Asociación de Veciños e Empresarios de Cabral (Aveeca), volve rexeitar os argumentos dos comuneiros, como xa fixo o xulgado vigués, e imponlle o pago das costas do proceso aos comuneiros.Con todo, a resolución non é firme, xa que contra ela pode interporse recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

En concreto, a parcela motivo da controversia está situada á beira das instalacións da Inspección Técnica de Vehículos e do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) e nela realizáronse traballos para  crear unha zona de parking ao aire libre.

O xuíz do Contencioso-Administrativo entendeu no seu día que estes movementos de terra alteraron a rasante do terreo, unha “acción prohibida”, e incidiu tamén en que o aparcadoiro para automóbiles non era unha actividade mercantil que gardase relación directa coa explotación racional dos recursos naturais, como esixe a lexislación para as comunidades de montes.

A resolución lembraba que a Comunidade de Montes tampouco xustificou as obras cun suposto carácter temporal en función do seu uso e tamén matizaba que esa temporalidade era “incompatible” coa execución dunha obra de explanación da envergadura que se fixo, nin coa subscrición dun contrato de arrendamento para explotar o parking. “O uso proxectado estaba prohibido”, concluía a sentenza, que foi confirmada polo TSXG.

ÚLTIMAS

A homenaxe ás vítimas do franquismo na illa de San Simón urxe a súa declaración como lugar de memoria

A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) celebrou este domingo na illa de San Simón, onde reuniu...

Trueno envolto nunha treboada de fans apaixoados en Castrelos nunha noite con referencias ao Celta de Vigo

Unha lúa temperada, milleiros de rapaces e rapazas ocupando cada recuncho da lomba de...

O tráfico de mercadorías do Porto de Vigo rexistra nova marca histórica

O Porto de Vigo pechou o primeiro semestre deste ano con novas "marcas históricas",...

Caballero esixe á Xunta que remate co maltrato á educación viguesa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve "intolerable" que a Xunta "maltrate a educación...