InicioMedio Ambiente e PatrimonioA homenaxe ás vítimas do franquismo na illa de San Simón urxe...

A homenaxe ás vítimas do franquismo na illa de San Simón urxe a súa declaración como lugar de memoria

A Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) insiste en pór fin á realización en San Simón de actividades lesivas coa memoria das vítimas, como os recentes festivais de bachata ou o Sinsal, autorizados polo goberno da Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) celebrou este domingo na illa de San Simón, onde reuniu a ao redor de 500 persoas, o acto anual de homenaxe nacional ás vítimas do franquismo e ás persoas presas na illa de San Simón entre outubro de 1936 e marzo de 1943. A asociación quixo vindicar, co evento deste ano, a loita antifranquista como “contrapunto ao auxe de ultradereita” en Europa, ademais de “urxir” ao Estado a anunciada declaración da illa como lugar de memoria.

Unha trintena de asociacións e representantes do colectivo estatal A Comuna partiron ao longo da mañá do porto de Cesantes, en Redondela, para asistir ao acto. Alí, o arqueólogo e investigador Xurxo Ayán foi o encargado da intervención central, que levou por título ‘Tsunamis neofeixistas e illas de memoria’. Ademais, para dar voz ás familias dos presos, este ano tomou a palabra Mariña Paz, bisneta do impresor Ramiro Paz, fusilado en Pontevedra o 12 de novembro de 1936.

DECLARACIÓN DE MEMORIA HISTÓRICA

Co encontro deste ano, IGM insistiu ao Goberno central na urxencia de declarar San Simón como lugar de memoria. Segundo lembra a asociación, foi a mesma a que realizou os trámites esixidos pola lei para tal recoñecemento ao obxecto de que sirva para pór fin á realización en San Simón de actividades lesivas coa memoria das vítimas, como os recentes festivais de bachata ou o Sinsal, autorizados polo goberno da Xunta.

O goberno estatal fixo público que o faría este mesmo ano e a entidade promotora aínda non obtivo ningún tipo de resposta oficial nin oficiosa. A convocatoria deste 2025, tal e como recolle IGM, vén tamén marcada pola polémica xurdida no principio do ano, cando un deputado do Goberno galego negou a existencia de mortes durante o tempo en que a illa foi cárcere.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...