InicioMedio Ambiente e PatrimonioO TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter...

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

PUBLICADO O

- Advertisement -

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, que á súa vez desestimaba o recurso interposto pola Comunidade de Montes en Man Común de Santa Mariña de Cabral contra unha resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en 2022, que obrigou a devolver ao seu estado orixinal un terreo de 5.400 metros cadrados no que se realizaron obras de acondicionamento para alugalo como aparcadoiro nas inmediacións do aeroporto de Peinador.

A sentenza, que naceu dunha denuncia interposta pola Asociación de Veciños e Empresarios de Cabral (Aveeca), volve rexeitar os argumentos dos comuneiros, como xa fixo o xulgado vigués, e imponlle o pago das costas do proceso aos comuneiros.Con todo, a resolución non é firme, xa que contra ela pode interporse recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

En concreto, a parcela motivo da controversia está situada á beira das instalacións da Inspección Técnica de Vehículos e do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) e nela realizáronse traballos para  crear unha zona de parking ao aire libre.

O xuíz do Contencioso-Administrativo entendeu no seu día que estes movementos de terra alteraron a rasante do terreo, unha “acción prohibida”, e incidiu tamén en que o aparcadoiro para automóbiles non era unha actividade mercantil que gardase relación directa coa explotación racional dos recursos naturais, como esixe a lexislación para as comunidades de montes.

A resolución lembraba que a Comunidade de Montes tampouco xustificou as obras cun suposto carácter temporal en función do seu uso e tamén matizaba que esa temporalidade era “incompatible” coa execución dunha obra de explanación da envergadura que se fixo, nin coa subscrición dun contrato de arrendamento para explotar o parking. “O uso proxectado estaba prohibido”, concluía a sentenza, que foi confirmada polo TSXG.

ÚLTIMAS

Sete policías atendidos e un ingresado por inhalación de fume no incendio dun piso da avenida de Castelao

Sete axentes da Policía Nacional tiveron que ser atendidos por inhabilación de fume ao...

Catro persoas feridas nun choque entre varios coches na avenida da Gran Vía, un deles da Policía Local

Catro persoas resultaron feridas nunha colisión entre vehículos en Vigo, un deles da Policía...

Un detido e catro coches policiais danados na persecución a un condutor que se deu á fuga

Un home de 31 anos foi detido en Vigo tras darse á fuga cando...

O Concello reclama a Louzán (RFEF) que aclare os criterios de elección de sedes do Mundial que deixan fóra a Vigo

O goberno municipal de Vigo remitiu unha carta ao recentemente elixido presidente da Real Federación Española de...