InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo pide ao goberno local paralizar a privatización do...

O BNG de Vigo pide ao goberno local paralizar a privatización do servizo de conserxes nos colexios

"O que parece claro é que con este contrato que se está tramitando, os colexios van ter un servizo intermitente, por horas e días, en función de tarefas concretas, co que iso supón de precariedade e falta de atención", sentenciou o BNG

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo pediu ao goberno local que paralice a privatización do servizo de conserjería dos colexios públicos e as escolas infantís da cidade.

Nun comunicado, o portavoz nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, urxiu ao alcalde, Abel Caballero, que escoite o “clamor unánime” da comunidade educativa contra esta decisión.

“O goberno municipal insiste en non escoitar e en converter en fonte de negocio privado a xestión dun servizo público”, denunciou Igrexas, lembrando precedentes como a privatización do servizo de apertura e peche das instalacións deportivas municipais, que derivaron nunha “grave precariedade e condicións laborais inaceptables”.

Segundo el, tanto as direccións dos centros educativos, como o profesorado, as familias e os sindicatos do comité de persoal do Concello xa manifestaron publicamente a súa oposición contra a pretensión de privatizar este servizo “público esencial” para o correcto funcionamento dos colexios.

Igrexas insistiu que na actualidade 28 dos 49 centros “non teñen garantido este persoal con funcións de vixilancia e portaría pola incapacidade e a falta de xestión do goberno municipal”.

Ademais, engadiu que hai “importantes dúbidas” sobre a licitación, alertando de que se inclúen no contrato colexios que neste momento si dispoñen de persoal municipal “polo que parece que a pretensión do goberno local é retiralos para substituílos pola empresa que se faga coa licitación”.

“O que parece claro é que con este contrato que se está tramitando, os colexios van ter un servizo intermitente, por horas e días, en función de tarefas concretas, co que iso supón de precariedade e falta de atención”, sentenciou o BNG.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...