InicioPolíticaOs 'populares' de Vigo, Mos e O Porriño reclaman ao Goberno un...

Os ‘populares’ de Vigo, Mos e O Porriño reclaman ao Goberno un “arranxo integral” da A-55

Sinalaron a Abel Caballero como "cómplice" do Goberno e esixíronlle que "reclame con man firme os investimentos necesarios", e criticaron o "evidente abandono" dos viarios de competencia estatal na provincia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os ‘populares’ de Vigo, Mos e O Porriño uníronse este xoves para reclamar ao Goberno central un “arranxo integral” e un “mantemento digno” da autovía A-55 ao seu paso por estes municipios, e lamentaron que a falta de Orzamentos Xerais do Estado “conxele” a construción do túnel “proposto polo PP no ano 2018”.

O portavoz do grupo municipal do PP en Vigo, Miguel Martín, xunto aos alcaldes de Mos e O Porriño, Nidia Arévalo e Alejandro Lorenzo, visitaron a zona da autovía en Tameiga, xunto coa delegada territorial da Xunta (e presidenta da xestora do PP vigués), Ana Ortiz, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez.

Os representantes do PP insistiron en denunciar o mal estado que presenta este viario, despois dun ano e medio tras os últimos arranxos do firme, e lembraron que o tramo de Tameiga é un dos de maior sinistralidade de España.

A solución pasar por un “arranxo en profundidade”, segundo o PP, pero iso non resolve todos os problemas dunha estrada que “acumula 9.000 accidentes e 4.500 feridos en 30 anos”. Por iso, pediron de novo a gratuidade da AP-9 no tramo entre Puxeiros e O Porriño, “mentres non se constrúe a alternativa en túnel proposta polo PP en 2018”. Con todo, lamentaron que esta opción quedou “conxelada” ao prorrogarse os Orzamentos Xerais.

Ademais, sinalaron a Abel Caballero como “cómplice” do Goberno e esixíronlle que “reclame con man firme os investimentos necesarios”, e criticaron o “evidente abandono” dos viarios de competencia estatal na provincia.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...