InicioSucesosDetido por agredir a súa exparella e por tráfico de drogas

Detido por agredir a súa exparella e por tráfico de drogas

No rexistro da vivenda interviñéronse (na habitación do home) 86 gramos de cocaína, 99 gramos de haxix, 1.000 euros en efectivo e varias básculas de precisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un home como presunto autor dun delito de violencia de xénero e por tráfico de drogas.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron a finais do pasado mes de marzo, cando unha dotación do 091 acudiu a un domicilio dunha muller na zona de Bouzas por unha posible agresión.

Ao chegar os axentes, atopáronse á vítima cunha ferida na cabeza e ao presunto agresor, o seu expareja, no limiar do seu dormitorio cun machete na man. Ante a actitude hostil do sospeitoso, foi necesaria a intervención de varias dotacións policiais.

Os funcionarios asistiron á vítima e procederon á detención do home. Foi nese momento cando observaron que, sobre a cama da súa habitación, había diñeiro en efectivo e sustancias estupefacientes. Os axentes custodiaron a vivenda e requiriron a presenza da unidade especializada de Comisaría, ante a evidencia dun posible delito contra a saúde pública.

No rexistro da vivenda interviñéronse (na habitación do home) 86 gramos de cocaína, 99 gramos de haxix, 1.000 euros en efectivo e varias básculas de precisión.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...