InicioSociedadeEnfado na parroquia de Valadares polas fochancas tras seis meses sen arranxarse...

Enfado na parroquia de Valadares polas fochancas tras seis meses sen arranxarse a estrada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Veciños da parroquia viguesa de Valadares levan meses protestando polas fochancas que hai nas súas estradas, sen que ningunha administración fixese nada, polo momento, para arranxalos.

En concreto, veciños da zona das Barrocas, en Valadares, lamentaron que, tras seis meses de reclamacións, non se levaron a cabo os traballos necesarios para pór fin a esta situación. Eles aseguraron que foron varios os que picaron as súas rodas nas fochancas, de gran profundidade.

Tras varias reclamacións e denuncias, urxiron ao Concello que se axilice o arranxo.”O único que nos queda é plantar unha árbore, que as fochancas que hai dan para iso”, lamentaron, criticando o “mal estado” da estrada das Barrocas e as consecuencias no seu día a día. A pesar de tratarse dunha vía rural da parroquia, son moitos os que cada día teñen que circular por ela, o que xera mal estar entre a poboación de Valladares.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...