InicioSociedadeO Álvaro Cunqueiro, nomeado Centro de Excelencia a nivel mundial no tratamento...

O Álvaro Cunqueiro, nomeado Centro de Excelencia a nivel mundial no tratamento de enfermidades coronarias con DCB

PUBLICADO O

- Advertisement -

O servizo de Cardioloxía do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi nomeado Centro de Excelencia a nivel mundial polo laboratorio B Braum, fabricante dun novo sistema menos invasivo para o tratamento de determinadas enfermidades coronarias.

Tal como informou a Xunta nun comunicado, este recoñecemento só posúeno dous hospitais no mundo, o primeiro deles situado en Postdam (Alemaña, país de orixe do devandito laboratorio) e agora, o Cunqueiro de Vigo.

Precisamente, para entregar esta distinción, a semana pasada desprazáronse á cidade olívica representantes da firma alemá, encabezados polo seu conselleiro delegado en España, Christoph Mueller.

En concreto, esta designación por parte da firma alemá que desenvolve esta nova técnica non só debe ao uso con éxito deste sistema en intervencións levadas a cabo no Álvaro Cunqueiro, senón pola investigación e experiencia do servizo de Cardioloxía.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...