InicioSociedadeCSIF urxe medidas para paliar o "insustentable déficit" de efectivos na Comisaría...

CSIF urxe medidas para paliar o “insustentable déficit” de efectivos na Comisaría de Policía de Vigo

Advirten de que se agravará máis coas próximas xubilacións previstas nos Corpos Xerais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

CSIF Pontevedra emitiu este martes un comunicado no que “urxe a adopción de medidas” para facer fronte á situación “insustentable” que sofre a Comisaría de Policía de Vigo, que nos últimos anos experimentou un descenso do número de efectivos de máis do 50%, ao pasar en cinco anos de contar con máis de 60 traballadores aos 26 que exercen na actualidade.

CSIF Pontevedra mantivo unha reunión co subdelegado do Goberno na provincia para advertirlle sobre este problema, que “se ve agravado polo feito de que moitos policías están a ter que asumir traballos puramente administrativos, como arquivo, rexistro ou renovación do DNI, para suplir a perda de efectivos propios destas funcións”, denuncian.

Para CSIF, esta situación, sumada a que esta comisaría conta cun persoal “moi reducido para a atención diaria de todas as súas funcións”, trae consigo que os funcionarios do Corpo Nacional de Policía “abandonen en moitos casos os seus labores propios de seguridade cidadá ou investigación, debido á sobrecarga de traballo administrativo, con grave prexuízo para a poboación“.”E este problema aínda se agravará máis coas próximas xubilacións previstas nos Corpos Xerais”, apunta CSIF.

Os representantes de CSIF, Julio Gómez, vicepresidente da Unión Provincial, e Rocío Buceta e Juan Dacruz, membros da Xunta de Persoal da Subdelegación do Goberno, aproveitaron o encontro con Abel Losada para trasladarlle tamén a necesidade de atopar un novo local fóra do CIS en Vigo para os cursos de violencia de xénero e evitar así que se mesturen os internos que están a cumprir condena no Centro coas persoas que acoden desde o exterior aos devanditos cursos.

Desde a Central Sindical expuxeron tamén a posibilidade de que as comisarías da provincia de Pontevedra deixen de tramitar as prórrogas de estancia de estudantes, xa que este labor, no resto das provincias, se realiza nas súas respectivas subdelegacións.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...