InicioEconomíaEmpregados do metal esixen máis medidas de seguridade tras a morte de...

Empregados do metal esixen máis medidas de seguridade tras a morte de varios operarios nos útimos meses

A patronal do sector destaca o labor realizado nos últimos anos no ámbito da seguridade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Centenares de traballadores do metal saíron este xoves á rúa en Vigo para esixir máis medidas de seguridade tras o falecemento este pasado mércores dun operario no Estaleiro San Enrique, a antiga Vulcano.

Unha vez máis, empregados do metal manifestáronse en solidariedade pola morte deste home, lamentando que este tipo de reivindicacións ultimamente é “máis habitual do que debería ser”. A marcha, convocada polos sindicatos CC.OO., UGT e CIG, comezou cunha concentración ás 09.00 horas na porta de cada estaleiro, saíndo minutos despois das 09.30 horas cara á Delegación da Xunta en Vigo.

Este ano levamos tres falecidos na provincia de Pontevedra, dous na Cañiza e un en Vigo. En novembro outro compañeiro tamén perdeu a vida”, lembraron fontes sindicais. En concreto, o secretario comarcal da CIG-Industria de Vigo, Xulio Fernández, criticou a “precariedade” do sector e a “falta de tomarse en serio as medidas de seguridade”.

Por iso, defendeu a importancia da Mesa do Naval, que xa foi constituída, e onde os sindicatos pedirán un maior control de Inspección de Traballo das medidas de protección. Tamén solicitarán, entre outras reclamacións, o fomento da figura de recursos preventivos, sendo un traballador o que trate de vixiar todo aquilo relacionado coa prevención dentro da empresa.

Ademais, puxo o foco na necesidade dunha maior coordinación en certos sectores, explicando que, por exemplo, no naval son moitas as empresas as que operan como subcontratas e fan os traballos “correndo”, provocando en ocasións tráxicos sucesos como o de onte.

CONDOLENCIAS Á FAMILIA

Precisamente este xoves, a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) enviou as súas condolencias ás familias dos traballadores falecidos no sector nas últimas semanas, lamentando as perdas humanas.

Nun comunicado, a patronal destacou o labor realizado nos últimos anos no ámbito da seguridade. “Facemos un chamamento intenso á adopción das medidas de seguridade tanto por parte de empresas, como tamén dos traballadores, xa que este compromiso ten que ser sempre conxunto”, subliñou.

ÚLTIMAS

Concello e deputación acordan reformar a bancada de Gol en Balaídos

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deu este luns luz verde ao...

Tres detidos en Portugal e máis 1.000 quilos de cocaína intervidos nos portos de Sines e Vigo

Unha investigación posta en marcha pola Polícia Judiciária de Portugal e que contou coa cooperación da...

Detectado e eliminado un punto de vertedura de augas residuais en Redondela

Os técnicos do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, detectaron un...

Un atuneiro dunha empresa viguesa, implicado nun naufraxio cun desaparecido nas Galápagos

O atuneiro 'Ría de Aldán', comprado o ano pasado pola viguesa Wofco, viuse implicado nun accidente...