InicioSociedadeSeis adultos e tres nenos quedan atrapados no ascensor Halo, inaugurado o...

Seis adultos e tres nenos quedan atrapados no ascensor Halo, inaugurado o pasado 16 de febrero

Quedaron atrapados durante 10 minutos, aínda que ningún requiriu atención sanitaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nove persoas, seis adultos e tres nenos, quedáronse atrapados no ascensor Halo de Vigo, a uns 25 metros de altura, aínda que ningún deles requiriu asistencia sanitaria, segundo confirmaron fontes do CIAE 112 Galicia.

Os servizos de Emerxencias recibiron a chamada dun particular sobre as 18,15 horas deste xoves, na que informaba de que o ascensor panorámico se parara a metade do percorrido e que levaban uns 10 minutos atrapadas nove persoas.

Segundo o seu relato, estiveran chamando ao botón de emerxencias do ascensor, pero non recibira ningunha resposta. O 112 informou do ocorrido a Protección Civil, Bombeiros (que non tiveron que intervir) e Policía Local de Vigo.

O elevador panorámico, na rúa Serafín Avendaño, foi posto en marcha o pasado 16 de febreiro e a estrutura consta de dous ascensores que percorren verticalmente uns 50 metros, ademais dunha estrutura circular que sobrevoa a autoestrada AP-9 e conecta co complexo intermodal Vialia.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...