InicioSociedadeSuspenden a patria potestade a uns pais despois de levar ao seu...

Suspenden a patria potestade a uns pais despois de levar ao seu bebé de 7 meses ao Cunqueiro con dentadas e lesións

O pai do bebé foi detido, pasando a semana pasada a disposición da xuíza, quen decretou a súa posta en liberdade. Con todo, está a ser investigado por un delito de malos tratos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 do Porriño suspendeu a patria potestade a uns pais despois de levar ao seu bebé de 7 meses ao hospital Álvaro Cunqueiro con dentadas e lesións. Segundo fontes xudiciais consultadas por Europa Press, a investigación iniciouse por mor de que os profesionais sanitarios activasen o protocolo para estes casos despois de que a nai levase ao menor cunha serie de lesións.

A partir de aí, o pai do bebé foi detido, pasando a semana pasada a disposición da xuíza, quen decretou a súa posta en liberdade. Con todo, está a ser investigado por un delito de malos tratos. Como medidas, impúxolle, ademais da obrigación de comparecer cada 15 días no xulgado, unha orde de afastamento do neno e a suspensión da patria potestade. A garda provisional do menor foi asumida pola Xunta, segundo as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...