InicioSociedadeInvestigadores do CINBIO participan no desenvolvemento de terapias para enfermidades inflamatorias articulares

Investigadores do CINBIO participan no desenvolvemento de terapias para enfermidades inflamatorias articulares

O obxectivo da iniciativa Twinflag é investigar vías de sinalización e mecanismos de comunicación celular dirixidos a identificar novas dianas terapéuticas para combater o cancro e outras patoloxías relacionadas co envellecemento, como a artrose.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) participan no desenvolvemento de novas terapias para enfermidades inflamatorias articulares. En concreto, trátase da iniciativa Twinflag, financiada ao 100 % pola Unión Europea a través do programa Horizon 4.1 e coordinada cientificamente polo Centro de Medicina Innovador de Lituana, completando o consorcio a Universidade de Dublín e o CINBIO.

Cun orzamento total de 1,5 millóns de euros, o proxecto chegou ao CINBIO da man da investigadora María Dolores Mayán, de recente incorporación ao centro, onde dirixe o grupo Cellcom, no que se aplica a súa experiencia e a do seu equipo no ámbito da biomedicina para investigar vías de sinalización e mecanismos de comunicación celular dirixidos a identificar novas dianas terapéuticas para combater o cancro e outras patoloxías relacionadas co envellecemento, como a artrose.

Twinflag, cuxa parte viguesa conta con 400.000 euros, comezou en xaneiro de 2023 e terminará a finais de 2025. Busca identificar biomarcadores que favorecen o deseño de novas tecnoloxías para diagnosticar enfermidades inflamatorias articulares, como a artrose ou a artrite reumatoide, nos seus estados iniciais; ademais de para usalos como marcadores de prognóstico cando se realicen ensaios clínicos ou se administra un tratamento a un paciente. “Desta maneira, poderíase avaliar se o fármaco ou a estratexia terapéutica están a ser efectivos no paciente”, explicou Mayán.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...