InicioSucesosLocalizan o corpo sen vida do veciño da Cañiza de 56 anos...

Localizan o corpo sen vida do veciño da Cañiza de 56 anos desaparecido desde o 31 de xaneiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

O corpo sen vida de Manuel Álvarez Casal, un home de 56 anos veciño do municipio pontevedrés da Cañiza que levaba desaparecido desde o pasado 31 de xaneiro, foi localizado sen vida este sábado nas proximidades do río Valeixe. Fontes consultadas por Europa Press confirmaron que unha muller que paseaba pola zona observou o cadáver sobre as 17.30 horas e puxo a situación en coñecemento das forzas de seguridade ao crer que se podería tratar do home desaparecido.

A principios do mes de febreiro mobilizáronse para a súa procura un dispositivo no que formaron parte axentes da Garda Civil, membros do GES de Ponteareas, Protección Civil de Cortegada-Oitavén ou voluntarios e chegouse a desprazar tamén o Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axega cos drons.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...