InicioSociedadeAfectados por Comunidades de Montes lamentan que o TSXG dea a titularidade...

Afectados por Comunidades de Montes lamentan que o TSXG dea a titularidade dunha leira privada a comuneiros de Cabral

Piden á Administración que "actúe con celeridade" para frear este "despropósito".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Plataforma Galega de Afectados por Comunidades de Montes lamentou que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) non admitise a trámite o recurso de casación interposto por dous irmáns contra a sentenza que outorgou á Comunidade de Montes de Santa Mariña de Cabral, en Vigo, a titularidade dun terreo de Cotogrande que eles herdaran.

Desta maneira, devanditos comuneiros lograron por primeira vez que sexa asine unha sentenza xudicial que lles dá a propiedade dunha parcela que estaba en mans de particulares, “a pesar de que o presidente da entidade sempre defendeu publicamente que eles só reclaman títulos a administracións, empresas ou grandes propietarios”, criticaron desde a asociación de Afectados nun comunicado.

“Neste caso trátase dun terreo duns 1.650 metros cadrados que linda coa Avenida do Tranvía, en Peinador. En realidade, esta é só una das distintas demandas que presentou contra particulares para esixirlles as súas leiras, con ou sen vivenda”, criticou a Plataforma, que asegura que existen polo menos outro cinco casos similares.

Segundo esta asociación, o argumento dos comuneiros para lograr a titularidade destas parcelas é sempre o mesmo: “que a propiedade do monte é deles desde tempo inmemorial e que esta quedou plasmada en levantamentos administrativos da última década do século XIX”. Por todo isto, a Plataforma pediu á Administración que “actúe con celeridade” para frear este “despropósito”, que supón, ao seu xuízo, “aproveitarse da lexislación para anexionarse propiedades”.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...