InicioCulturaA Deputación de Pontevedra abre en Vigo as exposicións de Rosendo Cid...

A Deputación de Pontevedra abre en Vigo as exposicións de Rosendo Cid e David Fidalgo Omil

Será na sede da Deputación en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acollerá desde este xoves unha dobre exposición dos artistas Rosendo Cid e David Fidalgo Omil, as cales estarán dispoñibles ata o 1 de marzo.

Segundo anunciou o ente provincial, ‘Máis alá De catro a catro’, é un proxecto de intervención sobre o poemario de Manuel Antonio ‘De catro a catro’ co que Cid tenta extraer “novos poemas”, nun sentido plástico.

“Faino desde un punto de vista vangardista, influído polo manifesto ‘Máis alá’, redactado polo poeta en 1932, e tratando de mostrar ao público non só a transcendencia da obra de Manuel Antonio, senón tamén un modo diferente de achegarse á súa escritura e á arte da literatura en xeral”, explicou a Deputación.

Pola súa banda, ‘Love’ é a exposición na que David Fidalgo establece unha reflexión sobre o cliché do amor verdadeiro na televisión.

“O artista leva anos producindo obras de animación sobre a sociedade que mostran a televisión e as redes, desde o punto de vista crítico e irónico, a través do concepto do meme e do absurdo”, engadiu a administración local.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...