InicioPolíticaO goberno de Vigo incorpora ao Concello ao exdirector do Museo de...

O goberno de Vigo incorpora ao Concello ao exdirector do Museo de Pontevedra, cesado polo PP na Deputación

Segundo figura na resolución da concellaría de Contratación de Vigo, do pasado 20 de decembro, esta provisión temporal, en réxime de comisión de servizos, ten a vixencia "estritamente necesaria para cubrir durante o período transitorio" ata a cobertura definitiva da praza e, en todo caso, por un máximo dun ano, prorrogable por outro máis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno de Vigo resolveu designar de forma provisional xefe dos museos municipais ao historiador José Manuel Rey, que dirixiu o Museo Provincial de Pontevedra entre 2019 e 2023 e que foi cesado dese cargo polo PP, cando chegou ao goberno da Deputación Provincial. Este nomeamento faise en base a unha convocatoria para unha provisión temporal, dunha praza que leva vacante varios anos, e en tanto non se resolva a convocatoria e provisión definitiva da devandita praza.

Segundo figura na resolución da concellaría de Contratación de Vigo, do pasado 20 de decembro, esta provisión temporal, en réxime de comisión de servizos, ten a vixencia “estritamente necesaria para cubrir durante o período transitorio” ata a cobertura definitiva da praza e, en todo caso, por un máximo dun ano, prorrogable por outro máis.

Así mesmo, a contratación xustifícase en base a uns informes da concellaría de Patrimonio Histórico, dirixida por Carmela Silva (que presidiu a Deputación de Pontevedra entre 2015 e 2023), que apelan á “inaprazable e urxente necesidade” de cubrir o posto. Para esta provisión non se designou ningún tribunal senón que os candidatos debían presentar a documentación solicitada, cumprimentar unha serie de requisitos e, a concellaría interesada, sería a encargada de seleccionar de acordo a “criterios obxectivos e de idoneidade, antiguedad, nivel de coñecemento do posto, experiencia e formación”.

CRÍTICAS DO PP

Este nomeamento suscitou as críticas do grupo municipal do PP, que acusou a Silva de “tirar das súas habituais artimañas” para cubrir un posto no Concello, “en pleno Nadal, cunha clara intención de que pasase desapercibido”. O edil ‘popular’ Fernando González Abeijón afeou á primeira tenente de alcalde que alegue urxencia para cubrir esa praza, cando leva vacante “4 anos” e cuestionou tamén que o nomeamento veña avalado precisamente por dous informes da área de goberno que dirixe a propia Silva e “redactados ‘ad hoc'”. “Por que de súpeto era tan urxente dar este posto?”, preguntou

Segundo o PP, “estas maneiras lembran a aquel informe que se usou para botar ao novo equipo de goberno da Deputación da sede de Vigo, mesmo antes de que tomase posesión”, e insistiu en que Carmela Silva “aínda non superou a rabieta de perder a presidencia da institución provincial”.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...