InicioPolíticaO pleno de Vigo aproba de forma provisional a novo PXOM da...

O pleno de Vigo aproba de forma provisional a novo PXOM da cidade, entre protestas de traballadores de Vitrasa

A oposición critica que o documento fose redactado "de costas" aos cidadáns, perdéndose unha "oportunidade histórica" de dotar á urbe dun plan "para todos"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves de forma provisional o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal da cidade, que substituirá ao documento aprobado en 2008 e anulado en 2015 polo Tribunal Supremo, debido a unha insuficiente motivación por parte da Xunta (naquel momento gobernada polo PSOE e o BNG) acerca da non obrigatoriedade da avaliación ambiental estratéxica.

Nunha rifa sesión plenaria; marcada polas protestas no exterior de traballadores da automoción e da concesionaria do transporte urbano, Vitrasa, os cales lograron acceder ao salón e protestaron contra a actuación do goberno local; o PXOM saíu adiante cos votos a favor de 17 concelleiros socialistas, mentres que o PP abstívose (5) e o BNG mostrou a súa negativa (3).

Foi a concelleira de Urbanismo, María José Caride, a encargada de defender a novo PXOM, reivindicando a importancia de que Vigo conte cun plan que resolva a situación actual da urbe. Para ela, “o máis importante” é que proporcionará “vivenda a un prezo razoable” para os actuais e futuros vigueses, cun 37% do chan residencial destinado a desenvolver vivendas con algún tipo de réxime de protección, con case 14.400 pisos.

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

A pesar destas palabras do goberno local, as críticas da oposición non tardaron en chegar. O primeiro en tomar a palabra foi o portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, lamentando que o goberno de Abel Caballero “non quere que a cidade escoite os argumentos e as alternativas” do resto de partidos para esta PXOM.

Para el, a maneira de elaboración e de tramitación deste documento é xa “o maior acto de irresponsabilidade política” do goberno local, xa que se fixo “nos despachos” e “sen diálogo con ninguén”, dilapidando, a xuízo de Igrexas, “unha oportunidade histórica que se lle abriu á cidade en 2015“, cando foi anulado a anterior PXOM. “Era unha oportunidade de dotar a Vigo dun plan xeral de toda e para toda a cidade. Para despregar un modelo de cidade racional e sustentable”, dixo, querendo buscar un modelo de urbanismo “en favor do interese xeral e non da especulación”.

Nunha liña similar falou Marta Fernández-Tapias. A líder ‘popular’ criticou o “auténtico desastre” da xestión urbanística dos diferentes gobernos de Caballero nos seus 16 anos como alcalde, o que demostra, ao seu xuízo, a súa “incapacidade e incompetencia”, cunha clasificación de chan “de maneira arbitraria”.

Ela tamén se referiu a a tramitación desta PXOM xa que, segundo Tapias, debería aprobarse antes das eleccións de maio, pero o “interese partidista” do PSOE fixo que se atrasase ata o 28 de decembro, manténdoo “paralizado” durante meses.

Finalmente, o documento foi votado, momento no cal empregados de Vitrasa presentes no salón comezaron a gritar contra o goberno local, tras anos sen convenio colectivo e cos soldos conxelados. A pesar de todo, a PXOM foi aprobado grazas aos votos do PSOE, antes da data límite do 5 de xaneiro, momento no que decaería a vixencia do Instrumento de Ordenación Provisional (IOP).

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...