InicioEconomíaFeijoo garda silencio á suba de impostos á pesca galega en Arxentina...

Feijoo garda silencio á suba de impostos á pesca galega en Arxentina logo de eloxiar a Milei

As principais empresas afectadas serán Iberconsa e Nova Pescanova, xunto con outras como Wofco, Grupo Profand, Vieirasa, Gandón e Viedamar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O ultraliberal Javier Milei, recentemente elixido presidente de Arxentina, introduciu múltiples medidas contra a clase traballadora e a favor das grandes empresas no mes transcorrido desde a súa toma de posesión.

Con todo, o novo presidente ultraliberal, foi eloxiado polo ex-presidente galego e lider da oposición, Alberto Núñez Feijóo asegurando que Milei acabou co “peronismo corrupto” en Arxentina tras a súa vitoria nas eleccións mentres que en España consolídase “un certo peronismo occidental” co xefe do Executivo, Pedro Sánchez, e a súa vicepresidenta, Yolanda Díaz.

«Mientras Argentina ha acabado con el peronismo, en España se ha consolidado el peronismo, un cierto peronismo occidental europeo», afirmou Feijóo nunha entrevista en Antena 3 recollida por Europa Press.

A pesar de ser eloxiado por Feijoo, Milei aplicou políticas que contradin as súas promesas de campaña. A primeira, foi a de impor un imposto ás exportaciósn que afecta directamente ás empresas pesqueiras galegas e que podería custarlles máis de 50 millóns de euros e alcanzar potencialmente os 250 millóns de euros.

“Vai absolutamente en contra do discurso de Milei. Pero, como di el, “no hay plata”, lamenta o presidente dunha das pesqueiras de Vigo asentadas no país en declaracións recollidas por Faro de Vigo. Tendo en conta o volume de exportacións do pasado exercicio (1.823 millóns de dólares, equivalentes a 1.661 millóns de euros ao tipo actual de cambio), a recadación deste imposto podería alcanzar os 250 millóns de euros.

As principais empresas afectadas serán Iberconsa e Nova Pescanova, xunto con outras como Wofco, Grupo Profand, Vieirasa, Gandón e Viedamar.

Esta medida decepcionou á dereita española e ao sector pesqueiro en especial, que esperaban recortes fiscais á baixa coa chegada á presidencia de Milei. O líder da oposición en España, Feijóo, non fixo ningún comentario respecto diso.

O novo imposto será do 15% sobre o valor das mercadorías exportadas, nun país netamente consumidor de carne onde o peixe e o marisco está orientado principalmente aos mercados exteriores, onde España é o seu máis importante importador e consumidor. A industria pesqueira en Arxentina céntrase sobre todo en exportar e xerar ingresos para o goberno.

Nun esforzo por mellorar as finanzas do país, os gobernos anteriores aplicaron impostos e restricións á industria pesqueira. Un imposto incrementado polo novo presidente Javier Milei aos produtos exportados. Isto chega nun momento difícil para as empresas pesqueiras, pois xa se enfrontan a un descenso do consumo, un aumento dos custos e unha redución das marxes. Prevese que o imposto custará ás empresas de capital galego máis de 50 millóns de euros. A pesar das promesas de Milei de reducir a presión fiscal, o sector pesqueiro está decepcionado coa súa decisión logo da euforia do sector ante as promesas de baixada de impostos lanzadas en campaña electoral.

As dúas maiores empresas exportadoras de peixe de Arxentina, Iberconsa e Nova Pescanova, son ambas de capital galego. A industria pesqueira arxentina depende en gran medida do mercado español, e o aumento do imposto prodúcese nun momento en que o sector xa está a atravesar dificultades debido á escasa demanda e aos baixos prezos. En xeral, a industria pesqueira está preocupada polo seu futuro baixo o novo goberno.


Estas empresas terán que realizar pagos semanais polo imposto
As medidas de Milei non só afectan á industria pesqueira, senón tamén aos traballadores. Está a crear un territorio sen regulacións para as grandes empresas, privatizando empresas públicas e permitindo que as empresas exploten aos seus empregados.

Mentres tanto, os traballadores enfróntanse a un aumento dos impostos e quedan desprotexidos fronte aos abusos do mercado inmobiliario e a especulación con bens esenciais, xa que se eliminaron as leis de alugueiro e subministración.

Tamén se introduciron reformas laborais, eliminando a indemnización por despedimento, aumentando o período de proba, eliminando as multas aos traballadores non declarados e impoñendo sancións por participar en folgas e protestas.

ÚLTIMAS

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...