InicioSucesosVitrasa denuncia máis ataques contra vehículos e que acabaron cun condutor ferido

Vitrasa denuncia máis ataques contra vehículos e que acabaron cun condutor ferido

O ataque ocorreu ao seu paso pola Avenida de Clara Campoamor, cando se incorporaba ao servizo, e tampouco había pasaxeiros no interior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concesionaria do bus urbano de Vigo, Vitrasa, denunciou este martes dous novos ataques contra vehículos, que se saldaron cun condutor ferido e danos materiais.

Nun comunicado, a empresa sinalou que na madrugada deste martes un bus da liña 17 recibiu un impacto no portelo dianteiro e que o condutor tivo que ser atendido en urxencias debido a “molestias nos seus ollos”.

O autocar estaba nese momento na cabeceira de liña, antes de arrincar o servizo, na rúa Pai Seixas, e non había pasaxeiros a bordo.

Por outra banda, outro bus, da liña 7, tamén sufriu o impacto de varios obxectos, o que causou a rotura dun portelo lateral e da porta dianteira. O ataque ocorreu ao seu paso pola Avenida de Clara Campoamor, cando se incorporaba ao servizo, e tampouco había pasaxeiros no interior.

Vitrasa comunicou que o custo dos danos causados por este tipo de ataques, que se repetiron desde principios de ano, ascende xa a case 31.000 euros. A dirección da empresa volveu a alertar contra estes ataques e a advertir de que os actos vandálicos pon en risco a integridade dos traballadores e dos usuarios.

Empresa e traballadores manteñen un conflito laboral desde hai máis de dous anos pola negociación dun novo convenio, con implicacións tamén cara ao Concello, xa que a concesionaria reclama o reequilibrio económico do servizo (compensación que a administración municipal está a calcular, segundo o goberno local). Desde o pasado 25 de novembro o persoal mantense en folga indefinida, e as concentracións e manifestacións sucédense ao longo de practicamente todos os días.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...