InicioSociedadeSindicatos denuncian un novo peche dun dos parques de bombeiros de Vigo...

Sindicatos denuncian un novo peche dun dos parques de bombeiros de Vigo por falta de persoal

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos denunciaron este luns un novo peche do parque de bombeiros de Coruxo en Vigo durante varias horas, debido á falta de persoal, e advertiron de que esta situación, que se repeite de forma habitual nos últimos meses, prodúcese precisamente nunhas datas de gran afluencia de visitantes á cidade.

Segundo sinalaron as centrais, este luns están de servizo para toda a cidade 14 bombeiros, en lugar dos 20 (máis un mando) que deberían estar operativos, segundo recolle un decreto municipal, para garantir a seguridade.

O sindicato CUT matizou que, dos 14 efectivos que están a traballar, “só dous son condutores”, de maneira que “os máis de 20 vehículos dos parques vigueses “están inutilizados en caso de emerxencia”. “A cidade conta soamente cun vehículo escaleira e unha saída para facer fronte á seguridade, cando debería haber tres saídas completas e 6 condutores”, advertiu o sindicato nunha nota.

Neste escenario, apuntou, o servizo non podería facer fronte a ningunha intervención “de magnitude media”, nin atender dúas emerxencias á vez, e deixaría “a metade da cidade” sen cubrir nun tempo de resposta adecuado.

ÚLTIMAS

O BNG volve pedir que se aproveite o fin da concesión de bus urbano da cidade olívica para remunicipalizar o servizo

O BNG de Vigo volveu a pedir este martes que se remunicipalice o servizo...

O ecoloxistas denuncian como “pelotazo urbanístico” as obras do Celta en Mos dentro de terreos forestais

Ecoloxistas en Acción insistiu este martes en que a Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports...

Unha empresa de Vigo obrigada a readmitir a unha traballadora por discriminala por discapacidade

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou nula...