InicioSucesosCondenados a 5 e 4 anos de cárcere os dous acusados de...

Condenados a 5 e 4 anos de cárcere os dous acusados de dar unha malleira a dous mozos na rúa Hernán Cortés de Vigo

O tribunal identifícaos "sen ningunha dúbida" como os agresores que ven nun vídeo gravado por unha testemuña

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou aos dous acusados de propinar unha malleira a dous mozos na rúa Hernán Cortés da cidade, en xaneiro de 2022, ás penas de 5 anos e 3 meses e 4 anos e 3 meses de prisión, respectivamente, como coautores dun delito de lesións con deformidade e dun delito de leve de lesións.

Ademais da pena de prisión, o tribunal impón a cada un deles o pago dunha multa de 360 euros, así como indemnizacións que suman máis de 20.000 euros (ás vítimas e ao Sergas, pola atención sanitaria).

A Audiencia considera probado que ambos os acusados, Adrián S.H. e Gregorio G.R., na madrugada do 30 de xaneiro de 2022, estableceron unha discusión coas vítimas e “de común acordo, tanto na acción como no resultado, e con ánimo de menoscabar a integridade física” dos dous mozos, propináronlles unha serie de golpes e patadas que acabaron con eles tirados no chan, en estado de semiinconsciencia.

A un deles golpeárono primeiramente, e o mozo caeu ao chan. A continuación perseguiron ao outro mozo, golpeárono, acurralárono contra unha parede e, cando caeu ao chan, un dos acusados (Gregorio) propinoulle dúas fortes patadas na cara e cabeza.

RECOÑECIDOS NUN VÍDEO

A Audiencia dá credibilidade ás declaracións das testemuñas, especialmente daqueles que non teñen vinculación algunha con vítimas e acusados, así como ás imaxes que foron gravadas por outra testemuña cun teléfono móbil. Así mesmo, valida a declaración da testemuña protexida que, cando se fixo público ese vídeo en medios de comunicación, recoñeceu aos dous acusados.

Esta testemuña, tras coñecer que unha persoa estaba detida por esa malleira (outro home que chegou a ingresar en prisión provisional, pero que foi liberado e exculpado), decidiu acudir á Policía, para explicar que os autores da malleira que se vían nas imaxes eran outros. De feito, achegou ás investigadores fotografías dos acusados noutros momentos, nas que os vía coas mesmas pezas de roupa que as que aparecen no vídeo.

“E este Tribunal pode corroborar que, tras ver durante horas aos acusados nas distintas sesións do xuízo oral, ningunha dúbida ten en que son eles os dous agresores que aparecen nas imaxes do vídeo, sendo a persoa mais alta, as que propinaba as patadas finais, e o mais baixo, vestido cun chaquetón claro que o acompaña”, expón a Audiencia na súa resolución, e lembra que os teléfonos móbiles sitúan aos procesados esa noite na zona onde se produciu a malleira, a pesar de que as vítimas non foron capaces de identificalos no xuízo.

Por outra banda, a Audiencia desestima os argumentos da defensa, e o informe dun perito de parte que sinalaba que un dos acusados, Gregorio G.R., non podía ser un dos individuos do vídeo, porque o procesado é zurdo e o sospeitoso é destro. O tribunal sinala a “absoluta falta de rigor” deste informe e lembra que está “en contradición co resto de probas”.

ÚLTIMAS

Concello e deputación acordan reformar a bancada de Gol en Balaídos

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deu este luns luz verde ao...

Tres detidos en Portugal e máis 1.000 quilos de cocaína intervidos nos portos de Sines e Vigo

Unha investigación posta en marcha pola Polícia Judiciária de Portugal e que contou coa cooperación da...

Detectado e eliminado un punto de vertedura de augas residuais en Redondela

Os técnicos do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, detectaron un...

Investigadores explican que unha organización galega ía distribuír a droga intervida en melóns no porto

A cocaína intervida no porto de Vigo, camuflada nun cargamento de melones procedente de...