InicioSucesosA Valedora do Pobo investiga unha denuncia por agresións homófobas nos aseos...

A Valedora do Pobo investiga unha denuncia por agresións homófobas nos aseos da Laxe

PUBLICADO O

- Advertisement -

A institución do Valedor do Pobo abriu unha queixa de oficio para coñecer os detalles dos ataques homófobos a unha persoa que denunciou agresións por parte de dous vixilantes no Centro Comercial A Laxe de Vigo pola súa orientación sexual.

A institución pedirá informe á xerencia do Centro Comercial A Laxe de Vigo polos feitos denunciados ante a oficina por unha persoa que asegurou ser vítima de trato discriminatorio por parte de dous gardas de vixilancia do centro o pasado verán.

O reclamante denuncia a actuación e trato recibido por vixiantes de seguridade
dese espazo comercial, dado que segundo defende o increparon e insultaron cando se atopaba nos aseos.

O interesado afirma no seu escrito achegado á oficina do Valedor do Pobo que se exerceu
violencia física e psicolóxica contra el, que recibiu insultos, ameazas e coaccións e foi retido contra a súa vontade.

A laxe
Centro Comercial A Laxe / Miguel Nuñez

Segundo relatou, as razóns deste trato vexatorio derivan da súa orientación sexual, constituíndo polo tanto os feitos relatados un atentado á súa persoa de carácter “homófobo”.

A Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas,
gais, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia faculta ao Valedor como autoridade independente para velar pola igualdade de trato e non discriminación tanto no sector público coma no privado.

Nesta liña de traballo, a institución presta apoio ás persoas que puidesen ter sufrido discriminación para a tramitación das súas queixas ou reclamacións. Entre outras facultades, a valedora pode iniciar de oficio ou por instancia de terceiros investigacións sobre a existencia de posibles situacións de discriminación que revistan unha especial gravidade ou relevancia.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...