InicioMorre un condutor en Tomiño tras saír da vía e caer por...

Morre un condutor en Tomiño tras saír da vía e caer por un desnivel

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un condutor perdeu a vida na localidade pontevedresa de Tomiño tras saírse da vía e caer por un terraplén mentres circulaba por unha pista forestal da parroquia de Vilachán.

Tal como informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron minutos antes das 12.30 horas e foi un particular o que alertou aos xestores de emerxencia.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias deuse aviso a Urxencias Sanitarias, aos bombeiros de Baixo Miño, aos membros do GES da Guarda, á Garda Civil e á Policía Local, ademais da Protección Civil de Tomiño.

A pesar de que os servizos de emerxencias traballaron durante varios minutos para tratar de liberar ao condutor, finalmente o persoal sanitario só puido confirmar o falecemento desta persoa.

ÚLTIMAS

A escritora viguesa An Alfaya, Premio Laxeiro 2026

O padroado da Fundación Laxeiro decidiu outorgar o Premio Laxeiro 2026 á escritora viguesa...

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home,...

Vigo rozará o “cheo total” polo aceso do Nadal, segundo Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a ocupación hoteleira para esta fin...

A CIG denuncia que os buses de Vigo circulan con horarios “imposibles”

A sección sindical da CIG en Vitrasa, a concesionaria do transporte público de Vigo,...