A Garda Civil investiga a aparición do cadáver dunha muller, con signos de violencia, oculto tras un colector, preto das instalacións da ITV no polígono das Gándaras, no Porriño. Segundo informaron fontes da Garda Civil e do 112, o achado produciuse sobre as 17,00 horas deste xoves, e o corpo estaba oculto entre uns colectores e o muro dunha leira.
Outras fontes consultadas por Europa Press precisaron que o corpo tiña aparencia de ser “depositado” alí. A muller está sen identificar, pero o corpo presenta signos de morte violenta. Un transportista que parou na zona decatouse de que había algo detrás dos colectores e, tras descubrir o corpo, el e outros viandantes enseguida chamaron a Emerxencias e acudiron a pedir axuda a un taller próximo. Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061, axentes da Policía Local e da Garda Civil, que se fixeron cargo da investigación. A zona está acordoada.