InicioSociedadeConfirmado un caso máis no brote de lexionela da Guarda e O...

Confirmado un caso máis no brote de lexionela da Guarda e O Rosal sumando 10 persoas afectadas

Sete das persoas afectadas permanecen ingresadas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade confirmou un caso máis no brote de lexionela detectado nos concellos pontevedreses da Guarda e O Rosal, polo que ascenden a 10 as persoas afectadas, das que sete permanecen ingresadas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Sobre este novo caso confirmado, a Xunta sinala que non se trataría dun caso novo, xa que os síntomas apareceron “hai polo menos unha semana”.

Conforme aos protocolos de Saúde Pública, o departamento sanitario galego constituíu un equipo de investigación epidemiolóxico e ambiental do brote, tomando mostras de auga da traída das zonas onde residen as persoas afectadas, así como do domicilio de cinco delas, resultando as probas negativas.

Así mesmo, técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública, encabezados pola directora xeral, Carmen Durán, mantiveron unha reunión de traballo con representantes de saúde pública do Goberno de Portugal, para intercambiar información sobre os casos de legionela galegos e os detectados no norte de Portugal, concretamente na localidade de Caminha.

Polo momento, Sanidade indica que non se pode concluír cal é a fonte de exposición, lembrando que o contaxio adoita producirse por aerosois.

Destacou tamén que a Consellería mantén informados os rexedores de ambos os municipios da situación e dos resultados das medidas tomadas. Mentres, a investigación ambiental segue en curso e analízase a curva epidemiolóxica, que permitirá definir se o brote se pode dar por finalizado.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

O PP acusa a Caballero de “engano masivo” por gastar “só o 23%” do orzamento de 2025

O PP de Vigo acusou ao alcalde, Abel Caballero, de "engano masivo" cos orzamentos...