InicioSociedadeÁngeles Vázquez a Abel Caballero pola aprobación do PXOM: "Esgótanse os prazos"

Ángeles Vázquez a Abel Caballero pola aprobación do PXOM: “Esgótanse os prazos”

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, espera que o Concello de Vigo aprobe o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) antes de que termine o primeiro trimestre de 2024.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou este martes que espera que o Concello de Vigo aprobe o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) antes de que termine o primeiro trimestre de 2024: “Xa non hai escusas”. Así o sinalou Vázquez antes de participar precisamente na cidade olívica nun almorzo informativo organizado pola Asociación de Promotores Inmobiliarios da Provincia de Pontevedra (Aproin) sobre a modificación das normas de habitabilidade para a conversión de baixos e entreplantas en vivendas.

Tras ser preguntada polos medios de comunicación sobre cando estará aprobado a PXOM de Vigo, Vázquez dixo que o responsable de responder esa cuestión tería que ser o alcalde, Abel Caballero, aínda que si recoñeceu que este documento debería estar aprobado a inicios do ano próximo. “Xa non hai escusas. Xa foron moitas as escusas ao longo destes anos. Máis vale ter un plan, aínda que sexa malo, que non dispór de plan. Esgótanse os prazos. Non pode seguir perdendo oportunidades para Vigo”, reivindicou a vicepresidenta segunda do Goberno galego.

Por outra banda, Vázquez tamén falou da ampliación do barrio vigués de Navia, fixando en decembro o inicio das obras da primeira fase da devandita ampliación. Lamentou as “moitas trabas” postas por parte do goberno local, aínda que celebrou que por fin xa está todo en marcha para que as obras poidan iniciarse, a pesar de que se perderon “millóns de euros de investimento” no últimos tres anos. “Agora toca comezar e pensamos en Vigo, nos vigueses”, reivindicou, indicando que a ampliación de Navia permitirá que moitos cidadáns non se teñan que ir vivir fóra da urbe.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...