InicioSociedadeUn acusado de acoitelar a un home en Vigo en 2021 enfróntase...

Un acusado de acoitelar a un home en Vigo en 2021 enfróntase a 6 anos de cárcere

A Fiscalía sostén que o procesado cravou o coitelo no peito ao outro home, con ánimo de acabar coa súa vida

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este mércores o xuízo contra un home acusado de tentativa de homicidio, por acoitelar a outro home en novembro de 2021 na cidade olívica.

Trátase dunha vista que estivo sinalada para o pasado mes de outubro, pero que foi suspendida pola imposibilidade de dar con dúas testemuñas, prexudicados nesta causa.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, os feitos ocorreron en novembro de 2021, cando a vítima e a súa parella, ao saír de casa duns amigos, pasaron por diante da vivenda do acusado, que saíu e comezou a insultar ao home.

Nun momento dado, o acusado achegouse á parella e comezou a increpalos, antes de sacar un coitelo que levaba oculto nas costas, á altura de cintura. A Fiscalía sostén que o procesado cravou o coitelo no peito ao outro home, con ánimo de acabar coa súa vida e, de feito, provocoulle lesións que puidesen matalo de non ser asistido por persoal sanitario de inmediato.

Por todo iso, o ministerio público solicita que sexa condenado a 6 anos de cárcere como autor dun delito de homicidio tentado, e que se lle prohiba achegarse ou comunicarse coa vítima por un período de 10 anos.

Tamén reclama que pague unha indemnización de 4.800 euros á vítima polas lesións e as secuelas, ademais de 3.450 euros ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) polos gastos de asistencia médica.

ÚLTIMAS

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...

A Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso: o Goberno acepta os terreos cedidos polo Concello

A futura Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso administrativo cara á...

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...