InicioSucesosVitrasa denuncia un novo acto vandálico nun vehículo, sumando tres nunha semana

Vitrasa denuncia un novo acto vandálico nun vehículo, sumando tres nunha semana

Este suceso súmase a dous altercados rexistrados días antes noutros autobuses urbanos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concesionaria de bus urbano de Vigo, Vitrasa, denunciou un novo ataque vandálico nun dos seus vehículos, sumando así tres en menos dunha semana, segundo lamentou a compañía. Foi o pasado venres, día 3 de novembro, sobre as 23,00 horas cando un autobús que cubría a liña 9B ao seu paso pola rúa da Rabadeira recibiu o impacto de pedra no parabrisas frontal. No vehículo viaxaba un pasaxeiro, que non sufriu danos, así como o condutor, que tamén salio ileso.

Este suceso súmase a dous altercados rexistrados días antes noutros autobuses urbanos, contra os cales tamén se lanzaron pedras, provocando a rotura dos seus cristais. “Insistimos en que este tipo de ataques pon en risco aos viaxeiros, aos compañeiros que realizan o servizo e a calquera persoa que circula pola vía”, indicou nun comunicado Vitrasa, tras meses de conflito laboral cos seus empregados, nos cales se levaron a cabo innumerables xornadas de paros parciais e folgas.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...