InicioSucesosOs atracadores detidos en Vigo o venres levaron máis de 100.000 euros...

Os atracadores detidos en Vigo o venres levaron máis de 100.000 euros da sucursal bancaria de Coruxo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os dous homes detidos o pasado venres cando acababan de atracar unha sucursal de Abanca na Avenida de Ricardo Mella, na parroquia viguesa de Coruxo, lograran un botín de máis de 100.000 euros, que foi recuperado de inmediato ao ser interceptados cando fuxían da oficina bancaria.

Segundo informou este mércores a Policía Nacional, a investigación comezou no ano 2021, por mor doutro atraco cometido na cidade, no que dous individuos entraron nunha sucursal coa cara cuberta, armados cunha pistola e un coitelo.

O modus operandi foi similar ao do atraco do pasado venres: os ladróns aproveitan a hora de peche para entrar na oficina bancaria e inmobilizan a empregados e clientes con bridas de plástico.

Os axentes xa tiñan no punto de mira a dous sospeitosos, ambos con antecedentes, especializados en atracos a sucursais. A mañá do pasado venres estableceuse un dispositivo de vixilancia ao redor desas dúas persoas e, no momento en que o 092 recibiu o sinal do atraco, activáronse todos os protocolos.

Mentres os ladróns estaban dentro da oficina bancaria, diferentes axentes foron tomando posicións nos arredores e, sobre as 14,20 horas, observaron como os dous individuos abandonaban a entidade ocultando o seu rostro cunhas medias e lentes, e portando unha mochila.

Nese momento, varios policías déronlles o alto e iniciouse unha persecución que acabou coa detención de ambos. Ademais, os axentes tamén localizaron, estacionado a uns 400 metros, o coche dun dos sospeitosos.

A Policía puido recuperar o diñeiro subtraído, máis de 100.000 euros, e os detidos foron postos a disposición do xulgado, que decretou o seu ingreso en prisión provisional este luns, por risco de fuga e reiteración delituosa. Mentres, seguen as pescudas para confirmar que estes dous individuos están detrás doutros atracos cometidos en Vigo, con similar modus operandi.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- As competencias dos concellos

Ultimamente vemos como entre as distintas administracións vanse pasando a pelota das competencias e...

Vigo pide á Xunta “toda a información” sobre o túnel de Beiramar antes de convocar a Comisión

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este martes á Xunta de Galicia "toda...

Detida en Vigo tras dar unha puñada no nariz ao seu noivo despois dunha rifa

Unha muller, A.R.P. de Vigo e 41 anos de idade, foi detida na noite...

Un ferido por un accidente en Vigo na Avenida de Madrid

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns en Vigo tras rexistrarse un accidente...