InicioSucesosA explosión de dúas bombonas no galpón dunha vivenda de Lavadores sáldase...

A explosión de dúas bombonas no galpón dunha vivenda de Lavadores sáldase sen feridos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A explosión de dúas bombonas no galpón dunha vivenda da rúa Redomeira, na parroquia viguesa de Lavadores, saldouse sen persoas feridas.

Segundo informou o 112, foi ao fío das 8.00 horas deste sábado cando un particular informou de que escoitara unha serie de fortes explosións e que observaba lapas e fume negro que saía da vivenda afectada.

A central de emerxencias informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo e á Policía Nacional e Local, que confirmaron que non había feridos.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...