InicioVigo e contornaO PorriñoO alcalde do Porriño agradece aos veciños pola acollida dos migrantes: "A...

O alcalde do Porriño agradece aos veciños pola acollida dos migrantes: “A resposta está sendo exemplar”

O PAC atente a 13 inmigrantes con patoloxías leves e deriva a un ao hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Punto de Atención Continuada (PAC) do Porriño atendeu a 13 dos migrantes que son acollidos na localidade pontevedresa e un deles foi derivado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Así o detallaron fontes sanitarias consultadas por Europa Press, que indicaron que as patoloxías “eran leves” e a persoa trasladada ao hospital recibiu o alta no mesmo día.

A localidade pontevedresa acolle 40 migrantes chegaron nas últimas horas do mércores e atópanse nun albergue onde están atendidos pola ONG Diversidades, da Rede Acolle. Ante a acollida destas persoas, a Xunta leva varios días pedindo ao Goberno “máis información”, cantas persoas van chegar, cales son as condicións sanitarias, canto tempo van estar e se son menores de idade.

Pola súa banda, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, reuniuse o xoves co responsable da ONG Diversidades e presidente de Rede Acolle, Santiago González, para coordinar a atención a estas persoas. Así, tras a reunión agradeceu aos veciños a súa “resposta exemplar” e explicou que o programa de acollida conta cos recursos necesarios para dar cobertura ás súas necesidades básicas por ou que “non se requiren” doazóns de roupa, comida ou outros aveños. Con todo, puntualizou que “de detectarse necesidades concretas” farían un chamamento no que se especificasen e pediu que se respecte a privacidade das persoas acollidas, sen invadir o espazo no que se atopan nin expóndoas publicamente.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...