InicioSociedadeA UVigo entre as 15 mellores do mundo no ranking de Xangai...

A UVigo entre as 15 mellores do mundo no ranking de Xangai por materias en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

Deste xeito, convértese na primeira universidade española e a segunda europea nesta lista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Global Ranking of Academic Subjects 2023, que clasifica ás universidades en base a 55 materias de investigación e que é elaborado por Xangai Ranking Consultancy, sitúa á Universidade de Vigo no posto 15 do mundo en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.

Esta clasificación baséase en diferentes indicadores e datos que miden o desempeño dunhas 5.000 universidades en todo o mundo (das que unhas 1.900 figuran no ranking) en ámbitos relevantes, incluídos premios internacionais, logros científicos, calidade da investigación e colaboración internacional.

Así, no ámbito de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, a institución académica viguesa sitúase como 15ª do mundo, superando a posición do ano pasado, cando estivo no tramo de postos do 51 ao 75. Deste xeito, convértese na primeira universidade española e a segunda europea nesta lista.

Por outra banda, na materia de Oceanografía, a UVigo mantense entre as 200 mellores, e mellora a súa posición en Ciencias Agrícolas e en Farmacia e Ciencias Farmacéuticas (entre as 300 mellores). Tamén mellorou a súa posición nos ámbitos de Ciencias Atmosféricas e Biotecnoloxía, e mantén a súa posición entre as 500 mellores na área de Ecoloxía.

A vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación da UVigo, Belén Rubio, trasladou a “gran satisfacción” por estes resultados, e destacou que a posición en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pon á universidade viguesa “entre as máis punteiras do mundo”.

Isto, unido ao recoñecemento no ámbito de Ciencias Agrícolas, “confirma o adecuado traballo e carácter de excelencia” do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA), situado no campus de Ourense. Do mesmo xeito, destacou tamén o bo traballo doutros centros de investigación, de áreas como as que saen nese ranking, como o Centro de Investigacións Mariñas (CIM), o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO), ou o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx).

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...