InicioEconomíaVitrasa convoca outros dous días de folga ante a falta de solucións

Vitrasa convoca outros dous días de folga ante a falta de solucións

PUBLICADO O

- Advertisement -

O persoal de Vitrasa, concesionaria do bus urbano de Vigo, acordou en asemblea convocar dúas xornadas de paro de 24 horas, os días 8 e 9 de novembro, en resposta ás sancións (de 60 días de emprego e soldo) a 12 traballadores pola súa participación en piquetes o pasado mes de agosto.

Esas dúas xornadas de folga súmanse á xornada de folga xa convocada para o 1 de novembro, e neses días haberá concentracións pola mañá diante do Concello, de 10.00 a 11.00 horas. Ademais desas mobilizacións, o día 9 pola tarde haberá outra manifestación en protesta pola actuación da concesionaria con respecto a eses 12 traballadores sancionados (9 deles membros do comité de empresa). A marcha sairá de Praza de España ás 19.00 e percorrerá Gran Vía, Urzáiz, Colón, para acabar en Areal. O comité de empresa, integrado por CIG, UGT, USO e CC.OO, avanzou que realizará unha consulta entre o persoal para abordar a posibilidade de “endurecer” as protestas.

Por outra banda, o órgano de representación dos traballadores cualificou de “rechamante” que o alcalde da cidade, Abel Caballero, mantivese esta semana unha reunión co comité de Madeiras Fiber (antiga Faurecia), “esixíndolle ao presidente da Xunta que se involucre no seu conflito por que é a súa obrigación”, mentres que el, que preside un goberno que ten a competencia sobre o transporte público urbano en Vigo, non aceptou recibir ao comité de Vitrasa nin toma medidas para solucionar a situación do servizo, que mantén protestas desde hai máis de dous anos.

ÚLTIMAS

A Xunta tomará “as accións necesarias” e non descarta a vía xudicial para defender o centro de asociacionismo olívico

A Xunta de Galicia emprendará "as accións necesarias" e non descarta a vía xudicial para defender...

A xuíza denega citar á concelleira de Festas polo accidente mortal de Matamá

A xuíza volveu denegar a citación da concelleira de Festas do Concello de Vigo, Patricia...

A A-55 rexistra dúas colisións múltiples en Mos, unha delas con tres feridos leves

A A-55 (Vigo-Tui), ao seu paso por Mos (Pontevedra), rexistrou este venres dúas colisións...

O PP de Vigo pide explicacións pola “desaparición” do Festival Terraceo

O grupo municipal do PP de Vigo pediu explicacións pola desaparición do Festival Terraceo da...