InicioSucesosDetido un home tras dar un cabezazo á súa cuñada e romperlle...

Detido un home tras dar un cabezazo á súa cuñada e romperlle varios dentes na rúa Baixada Ponte Nova

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, J.M.T.F. de 51 anos de idade, foi detido o pasado sábado en Vigo tras darlle un cabezazo á súa cuñada e romperlle varios dentes. Segundo informa a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 20.15 horas nun domicilio na rúa Baixada Ponte Nova. Unha vez no punto, os axentes falaron cunha muller, que presentaba lesións na boca consistentes na falta de varias pezas dentais.

Ela indicou que fora agredida e ameazada polo seu cuñado. Por isto, os policías entrevistáronse o home, que admitiu ter unha forte discusión coa vítima, no medio da cal lle propinou un cabezazo na cara. Por iso, foi detido como presunto autor dun delito de violencia no ámbito familiar. A muller foi trasladada a un centro hospitalario para ser atendida.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...