InicioSociedadeDenuncian o mal estado das Travesas e a invasión de vehículos no...

Denuncian o mal estado das Travesas e a invasión de vehículos no espazo peonil da Praza da Independencia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG vigués ven de denunciar a falla de mantemento de varios espazos públicos na contorna das Travesas, como a praza da Tellada, a praza de América e a praza da Independencia.

Para o candidato do Bloque ás vindeiras eleccións municipais, Xabier P. Igrexas, esta situación é unha mostra de que “en Vigo o Concello non ‘humaniza’ senón que se limita a inaugurar obras”. A este respecto, Pérez Igrexas demandou que o goberno local actúe nas rúas e prazos dos barrios “durante todo o ano”.

No caso da praza da Tellada, coñecida como da ‘Miñoquiña’, “a veciñanza padece un estado calamitoso de conservación, por falla de limpeza, presenza de cristais rotos, ausencia de valados de protección e o un mal mantemento do parque infantil”, destacou.

Praza da Independencia/ BNG

Pola súa banda, a praza da Independencia “carece dun mantemento axeitado e o máis grave é que os vehículos privados están a ocupar o espazo peonil, tanto como aparcamento como para circular.”

“Vemos como unha praza que foi emblema dun modelo de cidade pensado para as persoas, que o BNG impulsamos con valentía, agora é vítima do desleixo municipal”, critica Igrexas. “Humanizar de verdade sería apostar por unha cidade con máis espazo peonil, para as persoas, pero para iso hai que pular por reducir o uso do vehículo privado cun transporte público decente”, acrecentou.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...